Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Eléctrica de Moscoso, S.L.
Enderezo social: Avda. de José Antonio, 21, 36000 A Lama.
Denominación: L.M.T. e C.T. Soutosico.
Situación: Fornelos de Montes.
Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 614 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios metálicos e de formigón, desde a L.M.T. San Vicente-Forzáns, rematando no C.T. que se proxecta en Soutosico, concello de Fornelos de Montes. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20 kV-400 V.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade esta
blecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Pontevedra, 6 de abril de 1999.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra