Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Venres, 28 de maio de 1999 Páx. 6.532

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBADEO

ANUNCIO.

De conformidade co disposto no artigo 121 da Lei 1/1997, do 4 de marzo, do solo de Galicia, faise público que o Concello Pleno, en sesión que tivo lugar o día 10 de maio de 1999, acordou aprobar inicialmente, por instancia de NAVILI, S.L., a modificación do polígono urbanístico número 10-A do Plan Xeral de Ordenación Urbana, excluíndo do seu ámbito unha parcela de 1.691,96 m que constituirá un novo polígono independiente denominado 10-B2.

Durante o prazo de 20 días hábiles contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, as persoas interesadas poderán examina-lo expediente nas oficinas municipais e presentar, se é o caso, as reclamacións que consideren oportunas. No suposto de que non se presentase ningunha reclamación ou alegación, o acordo entenderase elevado automaticamente a definitivo.

Ribadeo, 14 de maio de 1999.

José Carlos Rodríguez Andina

Alcalde