Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Venres, 28 de maio de 1999 Páx. 6.457

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 10 de maio de 1999 pola que se nomean novos membros do Consello Galego de Relacións Laborais en representación da Confederación de Empresarios de Galicia.

De acordo co disposto no artigo 4 da Lei 7/1988, do 12 de xullo (DOG do 26 de xullo), de creación do Consello Galego de Relacións Laborais, as organizacións sindicais e empresariais designarán os seus membros representativos, que serán nomeados polo conselleiro de Traballo e Benestar Social.

Facendo uso da posibilidade de substitución, que recolle o artigo 5 de dita lei, a Confederación de Empresarios de Galicia acordou a substitución dun dos seus membros titulares e dun dos seus membros suplentes, da súa representación no consello.

A disposición adicional primeira do Decreto 227/1998, do 10 de xullo (DOG do 6 de agosto), polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais sinala que a Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais exercerá as funcións asignadas á extinta Consellería de Traballo e Benestar Social pola Lei 7/1988, do 12 de xullo, de creación do Consello Galego de Relacións Laborais.

Por todo o exposto, ó abeiro do artigo 4 da referida Lei 7/1988, e en uso das atribucións que teño conferidas,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Nomear membro titular do Pleno do Consello Galego de Relacións Laborais, en representación da Confederación de Empresarios de Galicia, a José María Hidalgo González, en substitución de Luis Novoa Díaz.

Artigo 2º

Nomear membro suplente do Pleno do Consello Galego de Relacións Laborais, en representación da Confederación de Empresarios de Galicia, a Irene Bonet González, en substitución de Marina Graña Bermúdez.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 1999.

Jesús Carlos Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais