A Secretaría Xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-lo concurso que a seguir se cita:
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.
c) Número de expediente: 17/1999.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: contratación dos servicios necesarios para a realización do programa Ruta marítimo xacobea polo mar de Arousa.
b) Prazo de execución: meses de xullo e agosto de 1999.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso público.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: dous millóns novecentas mil (2.900.000) ptas., co IVE incluído.
5. Garantías.
Provisional: non se esixe.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: na Dirección Xeral de Xuventude e no rexistro xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.
b) Enderezo: San Caetano, s/n- blq. 3-1º.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15771.
d) Teléfono: 981 54 48 53.
e) Fax: 981 54 58 43.
f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o último día de presentación das pro
posicións, tódolos días laborables, agás sábados, das 9 ás 14 horas.
7. Requisitos específicos do contratista.
Clasificación: non se esixe.
8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: no prazo de trece días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o dito día coincida en festivo, o prazo de admisión de solicitudes de participación rematará o día hábil seguinte.
b) Documentación que se presentará: a que se indica na cláusula 10ª do prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación:
1º. Entidade: rexistro xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.
2º. Domicilio: San Caetano, s/n.
3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15771.
Ou por calquera das formas previstas no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado. Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (981 54 58 43) ou telegrama, no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.
Admisión de variantes: non.
9. Apertura de ofertas.
a) Entidade: sala de xuntas da Secretaría Xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.
b) Enderezo: San Caetano, s/n.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15771.
d) Data: quinto día natural, contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo da presentación de ofertas. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar no día hábil seguinte.
Hora: 12 horas.
10. Gastos de anuncios.
O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.
Santiago de Compostela, 18 de maio de 1999.
P.D. (Orde 16-12-1997)
Javier Batán Rodríguez
Secretario xeral da Consellería de Familia
e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude