Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S., C.T. e R.B.T.S. urbanización O Couto.
Situación: Narón.
Características técnicas: L.M.T. subterránea de 1.260 m de lonxitude en conductor R.H.V. de 240 mm Al que parte do C.T. Faísca e con entrada e saída no C.T. urbanización O Couto de 400 kVA e R.B.T. de 2.440 m en R.Z. da urbanización. Concello de Narón.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 23 de abril de 1999.
Manuel Estévez Mengotti
Delegado provincial da Coruña en funcións