Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Xoves, 27 de maio de 1999 Páx. 6.426

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/31-2, 5098 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: BEGASA

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, nº 4, 27002 Lugo.

Denominación: reelectrificación de Cima de Vila (Pol).

Situación: Pol.

Descricións técnicas: L.M.T. o C.T. de Cima de Vila de 344 m a 20 kV sobre apoios metálicos en conductor LA-56. C.T.I. de Cima de Vila de 100 kVA de potencia e relación 20.000/380-220 V. R.B.T. de Cima de Vila de 1.335 m a 380/220 V sobre apoios de formigón en conductor R.Z.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 21 de abril de 1999.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

4238