Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Xoves, 27 de maio de 1999 Páx. 6.405

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 29 de abril de 1999 pola que se convoca un curso de dispensa de grao (grupo D ó grupo C (bacharelato)).

Dentro dos programas de actividades que a Academia Galega de Seguridade ten previsto realizar no ano 1999, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1992, do 9 de abril, de creación da Academia Galega de Seguridade, anúnciase a celebración dun curso de dispensa de grao para policías locais, segundo o previsto no artigo 23 da Lei 3/1992, do 23 de marzo, de coordinación das policías locais, que deberá desenvolverse conforme ás seguintes bases:

Obxectivos: o curso ten por obxectivo dota-los policías dunha formación complementaria en materia de actualización policial, que lles sexa útil no desempeño posterior da súa profesión, e ó mesmo tempo dispénsalles dun grao na titulación do grupo D ó grupo C (bacharelato), segundo o disposto na disposición transitoria terceira da Lei 3/1992, do 23 de marzo, de coordinación de policías locais de Galicia.

Destinatarios: o curso vai dirixido a todos aqueles policías locais Galicia que non ingresaran no corpo de policía local a través da Academia Galega de Seguridade, e poidan atoparse na situación prevista na disposición transitoria terceira da Lei 3/1992, do 23 de marzo, de coordinación das policías locais de Galicia.

Inscrición: a inscrición dos participantes será totalmente gratuíta, debéndose comunicar esta, antes do 5 de agosto de 1999 para efectua-la correspondente reserva de praza.

Prazas: sen límite.

Solicitudes:

1. Os policías que desexen asistir a este curso deberán remitir un escrito, a través do concello, á Academia Galega de Seguridade, solicitando a participación no curso de dispensa de grao para policías locais; para efectua-la correspondente reserva de praza para a realización do devandito curso.

2. O prazo para a remisión de escritos rematará o día 5 de agosto de 1999.

3. Os escritos deberán enviarse á Academia Galega de Seguridade: Avenida da Cultura, s/n, 36680 A Estrada.

Contido e duración: o curso celebrarase na Academia Galega de Seguridade, sita na Avenida da Cultura, s/n, no Concello da Estrada, os martes en horario de mañá e tarde, e terá unha duración de 180 horas lectivas.

O curso está composto polas seguintes áreas:

-Área xurídica.

-Área humanística.

-Área técnica policial.

-Área operativa policial.

Datas: o curso principiará no vindeiro mes de setembro de 1999, quedando por determina-la súa data de comenzo, que se comunicará coa suficiente antelación.

O horario será de 9.45 a 14 horas, e de 16 a 20 horas.

Desenvolvemento do curso: os alumnos da Academia Galega de Seguridade durante o seu período de permanencia na academia rexeranse polo Regulamento de réxime interior desta, publicado no DOG do 28-7-1995, nº 144.

Certificado: ó remate do curso entregaráselle un certificado a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada a este; e superen as correspondentes probas de coñecementos.

Este curso habilitará da dispensa dun grao na titulación do grupo D ó grupo C (bacharelato), segundo o disposto na disposición transitoria terceira da Lei 3/1992, do 23 de marzo, de coordinación de policías locais de Galicia.

Modificacións: a Academia Galega de Seguridade poderá modifica-lo desenvolvemento do curso para adaptalo ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 29 de abril de 1999.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade