Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Xoves, 27 de maio de 1999 Páx. 6.397

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

ORDE do 10 de maio de 1999 pola que se fixan os prezos de inscrición para o curso: Talleres, 99: método e proxecto: entre a análise, a praxe e a verificación, que levará a cabo a Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo no mes de setembro de 1999.

Dando cumprimento ó disposto na Lei 13/1991, do 9 de decembro, procede regula-los prezos de inscrición para a asistencia ó curso: Talleres 99: método e proxecto: entre a análise, a praxe e a verificación, que levará a cabo a Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

A Lei 13/1993, que regula as taxas, prezos e exencións, dispón no seu artigo 6 que a contía destes será acordada por orde da consellería correspon

dente, logo do informe favorable da Consellería de Economía e Facenda. Por todo isto,

DISPOÑO:

Artigo único

1. As tarifas esixibles polo prezo privado 36.29.00. «Cursos, xornadas e seminarios, como contraprestación polos servicios de impartición do curso, xestionado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural», son as que se fixan no anexo a esta orde e xestionaranse de acordo co disposto na normativa vixente en materia de prezos privados.

2. Estes prezos entenderanse, se é o caso, co IVE incluído.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Patrimonio Cultural para dictar, no ámbito das súas competencias, as resolucións precisas para o desenvolvemento desta orde.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 1999.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social

e Turismo

A inscrición no curso: Talleres 99: método e proxecto: entre a análise, a praxe e a verificación, terá dúas tarifas:

1. Contía que deberán pagar as persoas que acrediten ter realizados ou estar realizando estudios no curso académico 1998-1999 en calquera das universidades españolas.

-Contía por persoa: 5.000 ptas.

2. Contía que deberán paga-las persoas que non se atopen nas circusntancias anteriores.

-Contía por persoa: 10.000 ptas.