Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Xoves, 27 de maio de 1999 Páx. 6.396

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 6 de maio de 1999 pola que se amplía o prazo de presentación de candidaturas ó Premio Antonio Casares y Rodrigo de Investigación Científico-Técnica e ó Premio para Investigadores Mozos (área científico-técnica).

Por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 16 de febrero de 1999 (Diario

Oficial de Galicia do 23 de febreiro) convocouse o Premio Antonio Casares y Rodrigo de Investigación Científico-Técnica e o Premio para Investigadores Mozos (área científico-técnica), establecéndose que o prazo de presentación de solicitudes remataría o 31 de maio de 1999.

En aplicación do disposto no artigo 49 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, esta consellería considera oportuno amplia-lo prazo de presentación de candidaturas ó dito premio.

Polo que,

DISPOÑO:

Artigo único.-O prazo de presentación de candidaturas ó Premio Antonio Casares y Rodrigo de Investigación Científico-Técnica e ó Premio para Investigadores Mozos (área científico-técnica) amplíase ata o 30 de xuño de 1999 (inclusive).

Santiago de Compostela, 6 de maio de 1999.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública