Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Mércores, 26 de maio de 1999 Páx. 6.379

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de urbanización da rúa de nova apertura, unión á rúa de Campolameiro e rúa da Torre.

A Comisión de Goberno, en sesión celebrada o 8 de marzo de 1999 aprobou, con carácter inicial, o proxecto de urbanización da rúa de nova apertura, unión á rúa de Campolameiro e rúa da Torre, formulado mediante iniciativa particular por Porta do Sol-Lérez, Sociedad Limitada, e redactado polo arquitecto Francisco Lorente Rivas, visado pola delegación en Pontevedra do C.O.A.G. o 5-6-1998 e anexo á memoria e planos de número 04, 05, 06 e 07, que reforman e anulan os correlativos deste, con visado colexial do 24-9-1998.

Durante o prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, calquera interesado poderá examinar na Unidade de Fomento do concello (rúa Dona Tareixa) a documentación inicialmente aprobada, e formula-las alegacións que coide pertinentes.

Pontevedra, 17 de marzo de 1999.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral