Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Mércores, 26 de maio de 1999 Páx. 6.378

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NIGRÁN

ANUNCIO de licitación da instalación dunha rede de saneamento en Antonexas-Alborés Pequeno.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Nigrán.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría xeral.

c) Número do expediente: 99008C.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: instalación de rede de saneamento en Antonexas-Alborés Pequeno.

b) División por lotes e número: non existe.

c) Lugar de execución: Alborés Pequeno-Nigrán.

d) Prazo de execución (meses): 3 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 12.650.858 pesetas.

5. Garantías.

Provisional: non se esixe ó ser preceptiva a clasificación das empresas participantes.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Nigrán.

b) Domicilio: praza da Constitución, 1.

c) Localidade e código postal: 36350 Nigrán (Pontevedra).

d) Teléfono: 986 36 50 00.

e) Telefax: 986 36 81 98.

f) Data límite de obtención de documentos e información: a do prazo de presentación de propostas.

7. Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría C.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 13 días despois da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG.

b) Documentación que hai presentar: a indicada no prego de condicións.

c) Lugar de presentación.

1ª Entidade: Concello de Nigrán.

2ª Domicilio: praza da Constitución, 1.

3ª Localidade e código postal: 36350 Nigrán.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses.

e) Admisión de variantes (concurso): de acordo co prego de condicións.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Nigrán.

b) Domicilio: praza da Constitución, 1.

c) Localidade: Nigrán.

d) Data: cuarto día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación de ofertas (se coincide en sábado adiarase ó día hábil inmediato posterior).

e) Hora: 13 horas.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Nigrán, 21 de abril de 1999.

José Villar Pereira

Alcalde