Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Mércores, 26 de maio de 1999 Páx. 6.377

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ENTRIMO

ANUNCIO de licitación.

Resolución do Concello de Entrimo, pola que se anuncia a contratación do acondicionamento e mellora do acceso a Vilar por procedemento aberto e concurso.

De conformidade co disposto nos artigos 72 e 79 da LCAP anúnciase concurso, por procedemento aberto polo trámite de urxencia, para adxudica-la

obra de acondicionamento e mellora do acceso a Vilar, incluída nos plans provinciais de 1999, conforme o seguinte contido:

1. Obxecto do contrato: é obxecto do contrato a execución das obras de acondicionamento e mellora do acceso a Vilar.

2. Duración do contrato: catro meses.

3. Tipo de licitación: 4.500.000 ptas.

4. Pagamento: o pagamento do prezo de adxudicación farase efectivo con cargo á partida do orzamento en vigor.

5. Publicidade dos pregos: estarán de manifesto tódolos días hábiles nas oficinas municipais.

6. Garantía provisional: será do 2 por 100 do tipo de licitación.

7. Exposición do prego de cláusulas administrativas particulares: durante os catro primeiros días hábiles seguintes ó da publicación deste anuncio, suspendéndose a licitación en caso de impugnación.

8. Garantía definitiva: o 4 por 100 do orzamento.

9. Presentación de proposicións: durante os trece días naturais seguintes ó da publicación do anuncio de licitación.

10. Apertura de proposicións: terá lugar ás 12 horas do 2º día hábil seguinte á conclusión do prazo para presentación de proposicións.

11. Modelo de proposición: o recollido na cláusula XXIII, do prego de cláusulas.

Entrimo, 10 de maio de 1999.

O alcalde

Rubricado