Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Mércores, 26 de maio de 1999 Páx. 6.371

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 28 de abril de 1999, da Delegación Territorial de Lugo, pola que se fai pública, para efectos de notificación, a resolución do expediente sancionador 157/98-LU.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285 do 27) notifícaselle ás persoas que a continuación se relacionan a resolución dos expedientes sancionadores por infraccións á Lei 6/1991, do 15 de maio (Diario Oficial de Galicia nº 99, do 27 de maio e BOE do 30 de setembro), sobre infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros.

Os mencionados interesados dispoñen dun prazo dun mes, contado a partir do seguinte ó desta publicación para poder examina-los expedientes na Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura de Lugo (Celeiro-Viveiro), Avda. Ramón Canosa s/n, e presenta-lo recurso ordinario dentro do mesmo prazo, perante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura da Xunta de Galicia, conforme o disposto no artigo 114 da Lei 30/1991, do 26 de novembro (BOE do 27).

Nº de expediente: 157/98-LU.

Denunciado: Miguel Ángel Pascual Lorenzo.

DNI: 11.940.339.

Enderezo: r/ Portugalete, 5-2º B - Pozuelo de Alarcón - Madrid.

Precepto infrinxido: artigo 6.7º da Lei 6/1991, do 15 de maio.

Sanción: vintecinco mil unha (25.001) pesetas.

Celeiro-Viveiro, 28 de abril de 1999.

Pablo Ramón Fernández Asensio

Delegado territorial de Lugo