Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Mércores, 26 de maio de 1999 Páx. 6.369

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 18 de maio de 1999 pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso e procedemento aberto, da subministración consistente na adquisición de dúas fotocopiadoras con destino ós servicios centrais da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: adquisición de dúas fotocopiadoras con destino ós servicios centrais da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Número de unidades que hai que entregar: as que se especifican no prego de prescricións técnicas.

c) División por lotes e número: un lote.

d) Lugar de entrega: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

e) Prazo de entrega: un mes, contado desde a data da sinatura do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: catro millóns de pesetas (4.000.000 de ptas.) (24.040,480 euros)

200.000 ptas. (1.202,020 euros) en bens usados e 3.800.000 ptas. (22.838,460 euros) en metálico.

5. Garantías.

a) Provisional: oitenta mil pesetas (80.000 ptas.) (490,810 euros).

b) Definitiva: cento sesenta mil pesetas (160.000 ptas.) (961,620 euros).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: secretaría xeral, Servicio de Contratación e Xestión Orzamentaria.

b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15771.

d) Teléfono: 981 54 57 38.

e) Telefax: 981 54 57 62.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas.

Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación a través de Internet no enderezo: http://www.xunta.es/conselle/ag/index.htm.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás catorce horas do día 24 de xuño de 1999.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria (edificios administrativos San Caetano s/n, Santiago de Compostela 15771) ou en calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: sala de xuntas da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela 15771.

d) Data: 7 de xullo de 1999.

e) Hora: 13 horas.

9. Gastos de anuncios.

O importe do anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 18 de maio de 1999.

P.D. (Orde 15-12-1997, DOG nº 243, do 17)

Ángel Bernardo Tahoces

Secretario xeral da Consellería de Agricultura,

Gandería e Política Agroalimentaria