Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Mércores, 26 de maio de 1999 Páx. 6.348

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

DECRETO 148/1999, do 7 de maio, polo que se acepta a cesión a título gratuíto duns predios situados no termo municipal de Frades (A Coruña), feita a favor da Comunidade Autónoma de Galicia para a construcción dun centro de educación secundaria.

O Pleno da Corporación municipal de Frades, en sesión celebrada o 24 de xaneiro de 1998, acordou a cesión á Comunidade Autónoma de Galicia duns predios dunha superficie de corenta e nove áreas e corenta e oito centiáreas, e de quince áreas e dezasete centiáreas respectivamente.

Conforme os artigos 17.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega, e 34 do seu regulamento aprobado polo Decreto 50/1989, do 9 de marzo, a adquisición pura e simple de bens a título gratuíto ou lucrativo requirirá decreto do Consello da Xunta de Galicia, por proposta da Consellería de Economía e Facenda. Así mesmo, os artigos 23.1º da dita lei e 38.1º do regulamento establecen que non se poderán adquirir bens ou dereitos a título lucrativo cando o valor dos gravames, cargas ou afeccións impostos sobre eles exceda o seu valor intrínseco; se ben non se considera carga, gravame ou afección os investimen

tos que teña que realiza-la Comunidade Autónoma para da-lo destino de uso xeral ou servicio público da súa competencia que fixe o cedente ou doador.

Na súa virtude, de conformidade coa proposta da Consellería de Economía e Facenda, feita nos termos nos que o Concello de Frades acordou a cesión e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día sete de maio de mil novecentos noventa e nove,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acéptase, nos termos fixados no acordo do Pleno do Concello de Frades, a cesión gratuíta feita polo dito concello a favor da Comunidade Autónoma de Galicia dos seguintes predios:

a) Predio sinalado co número 112 do plano xeral de concentración parcelaria de Gafoi, do termo municipal de Frades, dunha superficie de corenta e nove áreas e corenta e oito centiáreas que linda: norte, con Eusebio Souto Rodríguez; sur, zona excluída, camiño e Emilio Ponte Corral; leste, Emilio Ponte Corral, Aurora Maroño Fernández e Agapito García Otero; oeste, Jesusa Souto Iglesias e camiño. Figura inscrito no tomo 653, libro 65 de Frades, folio 94, predio nº 2.560, inscrición 2ª.

b) Predio sinalado co número 111 do plano xeral de concentración parcelaria de Gafoi, do termo municipal de Frades, dunha superficie de quince áreas e dezasete centiáreas. Linda: norte con camiño; sur, zona excluída; leste, Antonio Corral Rey e oeste, camiño e Jesús Rodríguez Maroño. Figura inscrito no tomo 653, libro 65 de Frades, folio 95, predio nº 2.559, inscrición 2ª.

Artigo 2º

O inmoble cedido destinarase á construcción pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria dun centro de educación secundaria.

Artigo 3º

A Consellería de Economía e Facenda, a través da Secretaría Xeral e do Patrimonio, procederá á formalización da cesión no correspondente documento público e á inscrición do ben no rexistro da propiedade a nome da Comunidade Autónoma.

Disposición derradeira

A Consellería de Economía e Facenda, a través da Secretaría Xeral e do Patrimonio, levará a cabo tódolos trámites necesarios para a efectividade do presente decreto.

Santiago de Compostela, sete de maio de mil novecentos noventa e nove.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda