Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Martes, 25 de maio de 1999 Páx. 6.276

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de abril de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/334-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., A Castiñeira.

Situación: Trazo.

Descricións técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV sobre apoios de formigón e con conductor LA-56, de 931 m de lonxitude, con orixe na liña Morlán-Castelo e final no C.T. Castiñeira, que se vai instalar. Centro de transformación, tipo intemperie, en Castiñeira, de 50 kVA e tensións

de 20/0,380-0,220 kV do que parte rede de baixa tensión, sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 710 m de lonxitude. Trazo.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 12 de abril de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

3857