Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Luns, 24 de maio de 1999 Páx. 6.216

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de abril de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/307-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Electra Alto Miño, S.A.

Enderezo social: Marqués de Valladares, 23-2º, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Budiño-A Cruz.

Situación: O Porriño.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea, a 15/20 kV, de 285 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios metálicos e de formigón, desde a L.M.T. ó C.T. Budiño-O Picouzo, rematando no C.T. que se proxecta no Barrio da Cruz, Concello do Porriño. C.T. de 160 kVA, relación de transformación 15/20 kV-380/220 V. R.B.T. aérea, de 395 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Pontevedra, 13 de abril de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra