Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Luns, 24 de maio de 1999 Páx. 6.216

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se abre información pública para a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita, para efectos de presentación de solicitudes en competencia. (Expediente IN661A 99/1-4).

Para os efectos previstos no D. 205/1995, da Xunta de Galicia, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, sométese a información pública a seguinte solicitude:

Solicitante: Fomento Hispania, S.A.

Domicilio social: praza do Cordón, 1, 28005 Madrid.

Título: parque eólico Couto de San Sebastián.

Concellos afectados: A Estrada e Silleda.

Superficie afectada: 3.000 hectáreas.

Coordenadas UTM (x, y): V (551000, 4725000),

V (556000, 4725000), V (556000, 4731000),

V (551000, 4731000), V (551000, 4725000).

Potencia que se vai instalar: 30 MW.

As entidades públicas ou privadas interesadas poderán presentar solicitudes en competencia durante o prazo de 20 días, mediante o procedemento establecido no artigo 10 do D. 205/1995, da Xunta de Galicia, nesta Delegación Provincial, sita na Rúa Nova de Abaixo 2 de Pontevedra.

Pontevedra, 22 de marzo de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra