Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Luns, 24 de maio de 1999 Páx. 6.194

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

PRESIDENCIA

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 1999 pola que se lle concede a Medalla de Galicia na súa categoría de prata a Súa Excelencia o Grande Chanceler da Soberana Orde Militar e Hospitalaria de San Xoán de Xerusalén, de Rodas e de Malta Conde Don Carlo Marullo di Condojanni, Príncipe de Casalnuovo.

Examinado o expediente relativo á concesión da Medalla de Galicia na súa categoría de prata, tendo en conta os méritos contraídos por Súa Excelencia o Grande Chanceler da Soberana Orde Militar e Hospitalaria de San Xoán de Xerusalén, de Rodas e de Malta Conde Don Carlo Marullo di Condojanni, Príncipe de Casalnuovo, e por razóns de cortesía e reciprocidade, en virtude das competencias que me confire o Decreto 1/1991, do 11 de xaneiro,

DISPOÑO:

Concederlle-la Medalla de Galicia na súa categoría de prata a Súa Excelencia o Grande Chanceler da Soberana Orde Militar e Hospitalaria de San Xoán de Xerusalén, de Rodas e de Malta Conde Don Carlo Marullo di Condojanni, Príncipe de Casalnuovo.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente