Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Venres, 21 de maio de 1999 Páx. 6.188

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIVEIRO

ANUNCIO de exposición pública.

O alcalde-presidente, por Decreto de data do 21 de abril de 1999, aprobou inicialmente á modificación parcial do estudio de detalle da zona de Lodeiro, avenida de Ramón Canosa-Viveiro (A2), promovida por Andrés López Blanco, S.L.

De acordo co disposto no artigo 34.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, suspéndese o outorgamento de licencias en toda a área afectada pola modificación parcial.

Cumprindo o sinalado no artigo 44.3º da devandita lei, ábrese un período de información pública dun mes, durante o cal os interesados poderán examina-lo expediente no Negociado Municipal de Urbanismo e Contratación, e presenta-las alegacións que estimen procedentes.

Viveiro, 26 de abril de 1999.

César Aja Mariño

Alcalde