Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Venres, 21 de maio de 1999 Páx. 6.181

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 19 de abril de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da resolución do expediente sancionador 15-1076/98 en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º, da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común de 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas mencionadas a continuación (que non puideron ser notificadas no último domicilio coñecido que así mesmo se indica) a resolución do expediente 15-1076/98 por infracción en materia de defensa do consumidor.

Contra a dita resolución cabe interpoñer recurso de alzada ante o presidente do Instituto Galego do Consumo (praza de Europa nº 10-A-2º, Edif. Área Central- As Fontiñas, 15703 Santiago de Compostela) no prazo dun mes contado a partir do seguinte día ó da notificación da presente resolución. Tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito. Se non fose recorrida no devandito prazo, a sanción devirá firme e executiva e poderá facerse efectiva, en período voluntario en calquera entidade financeira, na conta 3110001136 da Caixa Galicia (2091), Oficina de Relación con Organismos (0388) Santiago de Compostela, noutro caso procederase sen máis trámite á súa exacción en vía executiva, nos seguintes prazos:

a) As débedas notificadas entre os días un e quince de cada mes, desde a data de notificación ata o día cinco do seguinte mes ou o inmediatamente hábil e posterior.

b) As débedas notificadas entre os días dezaseis e o último de cada mes, desde a data de notificación ata o día vinte do mes seguinte ou o inmediatamente hábil e posterior.

Expediente: 15-1076/98.

Inculpado: Hosteline, S.L. Pizza Yet.

Enderezo: Área Central, nº 11-B. As Fontiñas.

Sanción e motivos: (50.000 ptas.), irregularidades no etiquetado.

Data da resolución: 24-3-1999.

A Coruña, 19 de abril de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña