En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que o correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Criadores da Raza Bovina Frieiresa (Frieirega), que ten os seguintes ámbitos:
Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.
Profesional: poderán pertencer á devandita asociación as persoas físicas ou xurídicas titulares dunha explotación vacuna, que sexan posuidoras polo menos dun exemplar vacún de raza frieiresa inscrito no libro de rexistro xenealóxico, e que a dita explotación vacuna estea legalmente rexistrada na Comunidade Autónoma de Galicia.
Asinan a acta de constitución: María Josefa Fernández Padín, e tres persoas máis.
Santiago de Compostela, 26 de abril de 1999.
José María Fernández Olea
Director xeral de Relacións Laborais