Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Venres, 21 de maio de 1999 Páx. 6.177

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 26 de abril de 1999, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación de Criadores da Raza Bovina Limiá (Limiaga).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que o correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Criadores da Raza Bovina Limiá (Limiaga), que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación as persoas físicas ou xurídicas titulares dunha explotación vacuna, que sexan posuidoras polo menos dun exemplar vacún de raza limiá inscrito no libro de rexistro xenealóxico, e que a dita explotación vacuna estea legalmente rexistrada na Comunidade Autónoma de Galicia.

Asinan a acta de constitución: María Rivero Álvarez, e tres persoas máis.

Santiago de Compostela, 26 de abril de 1999.

José María Fernández Olea

Director xeral de Relacións Laborais