Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Venres, 21 de maio de 1999 Páx. 6.177

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 19 de abril de 1999, da Delegación Territorial de Lugo, pola que se fai pública a notificación dos pregos de cargos dos expedientes sancionadores 050/99-LU e un máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27) notifícaselle-lo prego de cargos en expedientes sancionadores ás persoas que a continuación se relacionan, por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio (DOG nº 99, do 27 de maio e BOE do 30 de setembro) sobre infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros.

Os ditos interesados dispoñen dun prazo de dez días, contados a partir do seguinte ó da publicación da presente cédula, para poderen examina-los expedientes na Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura de Lugo (Celeiro-Viveiro), Avda. Ramón Canosa s/n, e presentar perante a dita delegación as alegacións que consideren pertinentes, conforme o disposto no artigo 16.4º da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros.

Nº de expediente: 050/99-LU.

Denunciado: Ricardo Rodríguez Piñeiro.

Enderezo: r/ Zumalacárregui-48. Cedeira (A Coruña).

Nº expediente: 055/99-LU.

Denunciado: José Antonio González de la Granda.

Enderezo: Avda. Schultz, 128-4ºI. Xixón (Asturias).

Celeiro-Viveiro, 19 de abril de 1999.

Pablo R. Fernández Asensio

Delegado territorial de Lugo