Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Venres, 21 de maio de 1999 Páx. 6.170

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 26 de marzo de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa, a declaración de utilidade pública, en concreto, e a necesidade de urxente ocupación da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/134-4 ).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, e nos artigos 10 e 16 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a petición de autorización, declaración de utilidade pública e a urxente ocupación da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Cortegada-Enviande.

Situación: A Estrada.

Características técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 610 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde o apoio 18 da L.M.T.

Souto-O Montillón ata o C.T. que se proxecta en Enviande, concello da Estrada. C.T. de 100 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., aérea, de 1.325 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, por duplicado, no prazo de trinta días a partir da última publicación ou notificación individual.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar por escrito os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formula-las alegacións procedentes por razón do disposto nos artigos 25 e 26 do Regulamento da Lei 10/1966, de expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas.

Pontevedra, 26 de marzo de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 99/134. Provincia: Pontevedra.

L.M.T.-C.T.-R.B.T. Cortegada-Enviande.Termo municipal: A Estrada.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

12Fonte San BenitPradoJosé Silva PichelO Montillón de Arriba-Arca 18

36684 A Estrada

18180

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

33/aPenizasMonte altoJosé Couceiro FollenteA Toxeira-Souto, 18

36684 A Estrada

19274

39Portoenvian deMonte altoManuel Fariña SueiroPaseo de Colón, 15

36002 Pontevedra

25406

47RociñasMonte baixoFrancisco Iglesias PicalloCervantes, 14-1º

36201 Vigo

534

50RociñasPradoDescoñecido

Rpte. Fiscal da Audiencia Prov. de Pontevedra

Salvador Moreno, 11

36001 Pontevedra

18117

64Fuente de

Arriba

PradoManuela Picallo CerviñoXeneral Rubín, 13-2º D

26001 Pontevedra

22

65Fuente de

Arriba

Monte baixoManuela Picallo CerviñoXeneral Rubín, 13-2º D

26001 Pontevedra

C.T.1056

4058