Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Venres, 21 de maio de 1999 Páx. 6.105

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 12 de maio de 1999 pola que se dispón o nomeamento de membros da Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia.

O Consello da Xunta de Galicia aprobou o Decreto 369/1998, do 10 de decembro, polo que se regula a composición e funcións da Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia.

O artigo 8 deste decreto establece a composición desta comisión e determina a forma en que os membros serán designados, polo que unha vez achegadas tódalas propostas por parte dos órganos competentes, cómpre o seu nomeamento, en consecuencia

DISPOÑO:

Artigo único.-Noméanse membros da Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia, segundo o disposto no artigo 8 do Decreto 369/1998, do 10 de decembro, as persoas que se relacionan no anexo.

Santiago de Compostela, 12 de maio de 1999.

Jesús C. Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións

Laborais

ANEXO

-Como vicepresidente da comisión, Eduardo Pardo de Guevara y Valdés, doutor en ciencias históricas, investigador do Consello Superior de Investigacións Científicas e membro da Academia Internacional de Heráldica.

-Como vocal, pertencente ó corpo facultativo de arquivos e bibliotecas, Gabriel Quiroga Barro, membro do corpo facultativo de arquivos, bibliotecas e museos, e director do Arquivo do Reino de Galicia.

-Como vocal, pertencente ó corpo de catedráticos da universidade ou de profesores titulares, José Manuel García Iglesias, catedrático de historia da arte da Universidade de Santiago de Compostela.

-Como vocal, especialista en coñecemento ou deseño heráldico, Xosé Antón García González Ledo, membro da Academia Internacional de Heráldica.

-Como vocal, especialista en toponimia, Xosé Antón Palacio Sánchez, vocal da Comisión de Toponimia da Xunta de Galicia.

-Como vocal, designado pola Asociación de Municipios e Provincias máis representativa e con maior implantación no territorio da Comunidade Autónoma, Julio Álvarez Núñez, presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias.