Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Xoves, 20 de maio de 1999 Páx. 6.083

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/158-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Polirros, S.L.

Domicilio social: Barrio Novo, 19, 36770 O Rosal.

Denominación: L.M.T. e C.T. Campo dos Seixos-Cortiñas Novas-As Eiras.

Situación: O Rosal.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea, a 20 kV, de 124 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, desde o apoio 3 da L.M.T. a Bodegas Eiras, continuando 20 m en subterránea, con conductor tipo R.H.V., ata o C.T. que se proxecta nas Eiras, Concello do Rosal. C.T. de 400 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 15 de abril de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra