Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Xoves, 20 de maio de 1999 Páx. 6.078

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 15 abril de 1999, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai público o cambio de titularidade da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V-7011; XG-385, entre Rosende e Monforte de Lemos, con anexos.

O acordo directivo do 26 de febreiro de 1999, autorizou a transmisión da concesión de referencia a favor da empresa Autos Pérez López, S.A. por cesión do seu anterior titular, Emilio Pérez López.

O novo concesionario queda subrogado nos dereitos e obrigas da concesión.

O que se publica para os efectos legais oportunos.

Santiago de Compostela, 15 de abril de 1999.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes