Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Xoves, 20 de maio de 1999 Páx. 6.078

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de requirimento (92/1999).

María Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Instrucción número seis dos desta cidade e o seu partido, da fe de que nos autos de executoria 92/1999 deste xulgado se dictou a seguinte resolución:

Providencia do maxistrado xuíz José Gómez Rey.

En Santiago de Compostela o dezaseis de abril de mil novecentos noventa e nove.

Transcorrido con exceso o termo de cinco días sen que ningunha das partes interpuxese recurso ordinario contra a sentencia de instancia, declárase firme e, ó ser esta condenatoria, procédase á súa execución; para este fin incóese a correspondente executoria, que se rexistrará coas da súa clase.

Visto o estado destes autos, requírase o condenado Juan Vidal Nieto, a través do DOG co fin de que, no improrrogable termo de oito días, acredite ter ingresado na conta de consignacións que este xulgado ten aberta no BBV, con número de conta 1500-78-0092/99, a cantidade de quince mil pesetas que en concepto de multa lle foi imposta nos autos de XF 131/1998 deste xulgado, e do que dimana esta executoria, cantidade resultante dos 30 días impostos por tal concepto, coa cota diaria de 500 pesetas, isto coa prevención de cumprir un día de privación de liberdade por cada dúas cotas diarias non satisfeitas.

Mandouno e asínao S.S., dou fe.

E para que conste, para a súa publicación no DOG e para que lle sirva de requirimento en forma ó condenado Juan Vidal Nieto, actualmente en ignorado paradoiro, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela o dezaseis de abril de mil novecentos noventa e nove.

Rubricado