Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Xoves, 20 de maio de 1999 Páx. 6.064

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 11 de maio de 1999 sobre revisión de prezos e tarifas máximas por servicios concertados de transporte sanitario.

O Real decreto 1679/1990, do 28 de decembro, polo que se aproban as transferencias á Comunidade Autónoma galega das funcións e servicios do Instituto Nacional da Saúde, establece como unha das súas funcións a actualización dos concertos coas entidades e institucións sanitarias ou asistenciais que presten servicio na Comunidade Autónoma.

A Lei 8/1991, do 23 de xullo, de reforma da Lei 1/1989, do 2 de xaneiro, do Servicio Galego de Saúde, establece no seu artigo 4.d) como competencia da Consellería de Sanidade (na actualidade Con

sellería de Sanidade e Servicios Sociais por Decreto 347/1997, do 9 de decembro), aproba-los módulos económicos para a prestación dos servicios concertados, así como a súa modificación e revisión.

A orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 16 de decembro de 1998, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 251, do día 30 de decembro de 1998, establecía as normas para a revisión de prezos e tarifas máximas por servicios concertados de transporte sanitario para 1998. Tendo en conta a evolución de índices de prezos en 1998 e as previsións para 1999, resulta necesaria a actualización das condicións económicas dos concertos actualmente vixentes, así como a das tarifas máximas establecidas para as diferentes modalidades de servicios.

En virtude de todo isto, por proposta da División de Recursos Económicos,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Ambulancias medicalizadas. Tipo III.

1. As tarifas máximas aplicables en 1999, para o traslado de pacientes nesta modalidade de transporte serán as seguintes:

-Por cada servicio urbano:

Se o médico e ATS é persoal da empresa concertada: 35.105 ptas.

Se o médico e ATS é persoal do Servicio Galego de Saúde: 27.794 ptas.

-Por cada servicio interurbano:

Se o médico e ATS é persoal da empresa concertada, por km: 209 ptas.

Se o médico e ATS é persoal do Servicio Galego de Saúde, por km: 134 ptas.

2. Nos servicios interurbanos as distancias en km contabilizaranse desde a base.

3. As tarifas dos concertos vixentes con anterioridade á entrada en vigor da presente orde revisaranse aplicando sobre as tarifas de cada concerto o 1,4 por 100 de aumento para cada modalidade de servicio, sempre que as tarifas resultantes non sexan superiores ás tarifas máximas establecidas no presente artigo.

Artigo 2º.-Ambulancias básicas e asistenciais. Tipos I e II.

1. As tarifas máximas aplicables durante 1999, ó traslado de pacientes nesta modalidade de transporte, serán as seguintes:

TransporteTransporte

non urxente urxente

pesetas pesetas

* Servicios interurbanos:

Por cada kilómetro6166

* Servicios urbanos:

Por cada servicio urbano:-En poboacións de máis

de 200.000 habitantes1.8282.002-En poboacións de ata

200.000 habitantes1.2921.416

2. O cómputo dos km en servicios interurbanos realizarase tal como se define no punto 2 do artigo 1º da presente orde.

Artigo 3º.-Tempo de espera.

1. Por cada hora: 1.731.

2. No caso de que a Ambulancia sexa medicalizada tipo III, se o médico e ATS é persoal da empresa concertada:

-Por cada hora: 4.021.

3. O tempo de espera, para o efecto de aplicación das tarifas fixadas por esta orde, computarase cando se lle advirta ó conductor da ambulancia a necesidade de regreso do paciente, para traslados interurbanos distantes máis de 40 km, aboándose a tarifa establecida por horas completas desde a primeira hora de espera, incluíndo esta e ata un máximo de 4 horas, non aboándose tempos de espera por períodos inferiores a 60 minutos.

Os concertos vixentes que non incorporaran este concepto nos seus contratos, requirirán a aceptación expresa da empresa concertada para a súa incorporación.

Artigo 4º.-Vehículos de traslado colectivo sanitario.

1. Transporte colectivo interurbano. As tarifas máximas para os novos concertos que se subscriban en 1999, polo traslado de pacientes nesta modalidade de transporte, serán as seguintes:

1.1. Importe fixo mensual: 276.361 ptas. vehículo. Este importe aboarase por cada mes que o vehículo prestara os seus servicios por requirimento das direccións provinciais do Servicio Galego de Saúde, e inclúe a realización polo vehículo dun mínimo de 75 servicios mensuais, considerando como servicio o traslado dun paciente desde o seu domicilio a un centro asistencial e o retorno.

1.2. Importe por quilómetro: 55 ptas. Este importe aboarase polos quilómetros percorridos diariamente, calquera que sexa o número de pacientes trasladados, non computándose os percorridos en baleiro e determinándose o número de km segundo as distancias máis curtas entre as localidades da ruta, reflectidas no mapa oficial de estradas, editado polo Ministerio de Fomento.

1.3. Importe por servicio adicional: 383 ptas. Este importe aboarase polos servicios realizados que superen os 75 mensuais establecidos no punto 1.1 e coa mesma definición.

2. En atención ás necesidades asistenciais concretas, a División de Asistencia Sanitaria poderá propoñe-la concertación de servicios de traslado colectivo sanitario de pacientes no medio urbano, logo de determina-las tarifas aplicables en cada caso.

Artigo 5º

As tarifas dos concertos vixentes á entrada en vigor da presente orde poderanse incrementar nun 1,4 por 100, sempre que non superen as tarifas máximas establecidas nos artigos 1º, 2º, 3º e 4º. Igualmente poderanse incrementar na porcentaxe máxima do 1,4 por 100, os concertos de transporte sanitario subscritos polo Servicio Galego de Saúde distintos dos sinalados nos anteriores artigos.

Artigo 6º.-Concertos de transporte con orzamento fixo.

Dentro do plan asistencial de transporte sanitario de cada provincia e cando o Servicio Galego de Saúde o considere necesario para garanti-lo servicio de transporte sanitario, calquera que sexa a súa modalidade, en determinadas poboacións, poderase contratar mediante o establecemento dunha contraprestación económica consistente nun canon fixo mensual.

Este canon calcularase en función da previsión de servicios que se vai realizar e do número posible de pacientes usuarios, así como das distancias existentes ós centros de tratamento.

A contraprestación que se estableza non poderá supera-las tarifas vixentes con carácter xeral. As condicións administrativas e económicas deberán ser aprobadas polo Servicio Galego de Saúde.

As condicións económicas dos concertos de transporte con orzamento fixo revisaranse de acordo co previsto en cada concerto.

Para efectos do previsto no Art.160 2.F da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, segundo redacción dada a este polo Art. 72.2º da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e de orde social, os concertos de transporte con orzamento fixo que sexan subscritos ou renovados a partir da entrada en vigor da presente orde, terán a consideración de contratos marco, respecto ó transporte sanitario do seu ámbito territorial de aplicación.

Artigo 7º.-Normas de procedemento.

1. A aplicación da revisión de tarifas dos concertos vixentes o 31 de decembro de 1998, realizarase automaticamente polo Servicio Galego de Saúde, con efectos desde o día 1 de xaneiro de 1999.

Para os concertos subscritos con posterioridade á dita data, a efectividade da revisión será desde a data da súa formalización.

Ós concertos autorizados segundo as tarifas máximas establecidas para 1998 e que se atopen en fase de formalización á entrada en vigor da presente orde, seranlles de aplicación as normas de revisión que se establecen unha vez formalizados.

Non obstante aqueles concertos de transporte que se formalizaron en 1998, coas tarifas de 1997 e non se actualizaron durante 1998, poderán ser revisadas co incremento correspondente a 1998 e 1999, acumulado

Nas autorizacións de uso temporais a tarifa aplicable será a que expresamente sexa aceptada pola empresa para o período da súa vixencia. Non obstante, a partir da data da entrada en vigor desta orde, as tarifas máximas autorizadas serán as incluídas nela.

2. O cómputo de km desde a base será de aplicación a partir do 1 de xaneiro de 1999.

3. Para axiliza-la aplicación inmediata desta norma deberase observa-lo seguinte procedemento:

3.1. Os directores provinciais ou, se é o caso, os directores xerentes dos hospitais do Servicio Galego de Saúde, no prazo máximo dun mes, a partir da

data de publicación desta disposición, formularán unha nota dilixencia por cada concerto vixente na súa provincia ou no seu centro hospitalario, na que se faga constar a contía do incremento e os novos prezos resultantes por cada unha das prestacións ou servicios que a empresa teña validamente concertados, así como a data a partir da cal se adquira o dereito ó incremento. O contido desta dilixencia será comunicado por calquera medio que permita deixar constancia ó representante legal da empresa concertada, outorgándolle un prazo máximo de vinte días para presentar escrito de conformidade, ou, se é o caso, alegacións de desconformidade.

3.2. Se transcorrido o prazo indicado non se producise ningunha comunicación por parte da empresa concertada ou se recibe escrito de conformidade desta, o director provincial ou director xerente remitirá a «nota dilixencia» sen asinar, á Intervención Territorial Delegada para a súa preceptiva fiscalización. Unha vez intervida favorablemente, o director provincial ou director xerente emitirá resolución, elevando a definitiva a revisión proposta.

Esta resolución xunto cun exemplar da «nota dilixencia», remitirase á empresa concertada por calquera medio que permita deixar constancia, á División de Asistencia Sanitaria, á Intervención Territorial e á Subdirección Xeral de Orzamentos da División de Recursos Económicos.

3.3. Sen prexuízo dos recursos que ó respecto poidan presentarse, a dirección provincial ou o centro hospitalario efectuará as liquidacións de retrasos correspondentes e tramitará as sucesivas facturacións coas novas tarifas.

3.4. Se transcorrido o prazo citado de vinte días se produce escrito de desconformidade por parte da empresa concertada, a dirección provincial ou o centro hospitalario elevará o expediente á División de Recursos Económicos para a resolución que proceda.

Artigo 8º

Os servicios de Inspección velarán polo correcto cumprimento das obrigas das empresas concertadas e en particular das que se refiren ó tratamento adecuado dos pacientes da Seguridade Social.

Artigo 9º

As tarifas establecidas na presente orde, inclúen tódolos impostos, taxas e cargas legais que gravan ou poidan grava-los servicios obxecto de contratación polo Servicio Galego de Saúde.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral da División de Asistencia Sanitaria e ó director xeral da División de Recursos Económicos para adopta-las medidas necesarias en relación coa execución e desenvolvemento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de maio de 1999.

José Mª Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais