Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Xoves, 20 de maio de 1999 Páx. 6.039

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 5 de abril de 1999 pola que se conceden axudas para a realización de accións de integración laboral e estímulo da formación empresarial dos alumnos que rematan estudios de formación profesional regrada, de educación secundaria obrigatoria ou bacharelatos LOXSE no curso 1998-1999, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo.

Por Orde do 21 de outubro de 1998 (DOG do 2 de decembro) convocáronse axudas para a realización de actividades de formación empresarial dos alumnos que rematan estudios de formación profesional regrada, de educación secundaria obrigatoria ou bacharelatos LOXSE, da Comunidade Autónoma.

Vista a proposta da comisión de selección prevista no artigo 6 da devandita orde,

RESOLVO:

Primeiro.-Conceder, con cargo ó concepto orzamentario 07.04.322S.483.0. da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional, as axudas que se relacionan no anexo I.

Segundo.-Denegar, polas causas que se indican, as solicitudes que se relacionan no anexo II.

Terceiro.-De conformidade co punto 9 da Orde do 21 de outubro de 1998, as axudas serán aboadas do seguinte xeito:

* O 10% da contía subvencionada logo da aceptación da devandita subvención, certificación do comezo da actividade por parte do director/a do centro onde se realiza esta, calendario das actividades e relación nominal e DNI dos asistentes e dos relatores.

* O 70% en concepto de pagamentos parciais.

* A cantidade restante librarase unha vez finalizada a actividade no momento da súa completa xustificación económica e entrega da súa memoria de actividades (en todo caso, antes do 6 de outubro)

achegando certificación acerca da percepción ou non percepción doutras axudas e subvencións para a mesma finalidade subvencionada, para o efecto do disposto no artigo 78.3º da Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e orzamentario.

Cuarto.-Nas convocatorias públicas, publicidade e propaganda das accións que se desenvolven ó abeiro desta orde, así como os lugares nos que se realizan as referidas accións, deberá figurar que estas están cofinanciadas pola Xunta de Galicia, Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, e o Fondo Social Europeo, ámbalas dúas institucións cos seus respectivos logotipos.

Quinto.-Contra a presente orde os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses.

Santiago de Compostela, 5 de abril de 1999.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO I

Entidades

Importe

ptas.

Forem Galicia (Fundación Formación e Emprego)2.250.000
Agrupación de Gaitas e Danzas de Vilamarín200.000
APA A Salgueira300.000
APA Fraga de Novio250.000
Fondo Formación5.000.000
Asociación Cultural-Deportiva Lobeira490.000
Asociación Cultural Xerfa2.000.000
Federación de Empresarios do Barbanza2.000.000
Federación de Cooperativas Sinerxia6.000.000
Asoc. de Empresarios e Comerciantes de García Rodríguez150.000
CIMO5.325.000
Fundación Galfor4.000.000
APA do I.F.P. de Viveiro1.400.000
Asociación de Alumnos do IFP Antón Losasa Diéguez950.000
Forum Galicia de Estudios Sociales1.750.000
APA do Colexio San Miguel560.000
Asociación de Universitarios Superiores2.500.000
APA do IFP de Betanzos426.000
APA Colexio Caixa Galicia330.000
APA IFP Laxeiro de Lalín936.600
Asoc. de Empresarios Iniciativas por Fene685.000
Asoc. Escola Familiar Agraria Fonteboa470.000
Fundación Mestre Mateo1.000.000
Federación Galega de Academias1.200.000
Asoc. Cultural e Polideportiva Gandaina300.000
APA do IFP Marqués de Suances300.000
APA Xulián Magariños750.000
Asoc. Empresarial de Valdeorras465.000
APA do IESP de Santa Comba390.000
Asoc. de Veciños de Chapela400.000
Asoc. Empresarial de Centros de Ensinanza Regrada de Ourense750.000
Confederación de Empresarios de A Coruña2.000.000
APA do IFP Roberto Vidal950.000
APA do IESP de Curtis560.000
Asoc. Mulleres Xovenes Area1.300.000
Confederación Provincial de Empresarios de Pontevedra2.000.000
APA do Instituto Nacional de Bacharelato e F.P. Francisco Barreras162.500
APA do IFP de Foz450.000
Asoc. para o desenvolvemento integral Vilar de Santos-Allariz400.000

ANEXO II

EntidadesCausa denegación

Centro de Desarrollo Local de MosPor non cumpri-lo Art. 3º da orde de Conv.
Asociación de Alumnos COFISADPor entrar fóra de prazo
Asoc. Bonifacia RodríguezPor entrar fóra de prazo
Asoc. Formativa Cabo-EstaiPor entrar fóra de prazo
Confederación de Empresarios de GaliciaPor entrar fóra de prazo
Asociación Comarcal Empresarios do CarballiñoPor renuncia