Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Xoves, 20 de maio de 1999 Páx. 6.025

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 3 de maio de 1999 pola que se dispón o nomeamento dos vocais dos consellos de administración das autoridades portuarias de Vilagarcía de Arousa e de Ferrol-San Cibrao.

A Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, atribúelles ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vocais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese xeral do Estado, sitas no seu territorio.

Os acordos do Consello da Xunta de Galicia do 5 e do 26 de marzo de 1998 facultan o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda para o exercicio das devanditas competencias.

Consonte o previsto no artigo 40 da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, segundo a súa redacción trala modificación operada pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, a designación dos vocais do consello de administración deberá facerse necesariamente por proposta das administracións públicas e entidades e organismos representados no consello de administración, polo que, recibidas as propostas do presidente do ente público Portos do Estado en canto ós nomeamentos dos vocais da Administración xeral do Estado nas autoridades portuarias de Vilagarcía de Arousa e Ferrol-San Cibrao, representacións para as que é órgano competente, e desig

nado o representante da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia,

DISPOÑO:

Nomear a Antonio Vázquez-Guillén Fernández de la Riva vocal do consello de administración da autoridade portuaria de Vilagarcía de Arousa, en representación da Administración xeral do Estado.

Nomear a Guillermo Díaz del Río Sánchez Ocaña vocal do consello de administración da autoridade portuaria de Ferrol-San Cibrao, en representación da Administración xeral do Estado.

Nomear a Emilio Montes del Río vocal do consello de administración da autoridade portuaria de Ferrol-San Cibrao, en representación da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 1999.

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas

e Vivenda