Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Mércores, 19 de maio de 1999 Páx. 6.012

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE XOVE

ANUNCIO de contratación.

A Comisión Municipal de Goberno, en sesión do 14 de abril de 1999, acordou a contratación mediante concurso con procedemento aberto urxente, con mellora sobre proposta de prestación aprobada por esta corporación, das obras que se sinalarán, de conformidade co prego de cláusulas administrativas de xeral aplicación do Concello de Xove, (BOE nº 118, do 24 de mayo de 1996), para o contrato, as características do cal se citan a seguir:

Cadro de características do contrato.

1. Proxecto: reforma e rehabilitación da casa do concello.

2. Tipo de licitación: 5.871.147 ptas. (IVE incluído).

3. Partida: 461.

4. Prazo de execución: 2 meses.

5. Clasificación do contratista: C-3-E e K-5-D.

6. Lugar de presentación de proposicións: rexistro xeral do Concello de Xove (Camiño Real, s/n. Xove).

7. Prazo de presentación de proposicións: 13 días naturais.

8. Fianza provisional: 117.422 ptas.

9. Fianza definitiva: 4% da adxudicación.

10. Modalidades básicas de financiamento e pagamento: obra financiada coa Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

11. Criterios de selección para a adxudicación do contrato: os sinalados no prego de cláusulas administrativas (BOP nº 118, do 24 de maio de 1996).

Xove, 15 de abril de 1999.

Jesús López Gómez

Alcalde

Manuel Díaz Sánchez

Secretario

ANEXO

Modelo de proposición.

D./Dª....., con domicilio en rúa ....., nº....., teléfono ....., con DNI (ou pasaporte ou documento que o substitúa) nº....., actuando en nome propio (ou en representación de DNI ou CIF, nº ....., e con domicilio en ....., nº teléfono.....) toma parte no concurso con procedemento aberto para a adxudicación da execución das obras comprendidas no proxecto de ..... e para os efectos fai constar:

1. Que ofrece o prezo de ..... ptas. que significa unha baixa de ..... ptas., en relación co tipo de licitación.

2. Que coñece e acepta cantas obrigas se deriven dos pregos de condicións deste contrato.

3. Que se compromete a efectua-las melloras sobre a proposta presentada pola Administración, que se citan ..... e que se compromete á realización de unidades de obra adicional, que serán determinadas pola Administración por un importe total de ..... (en letra e número ptas.) valoradas ós prezos unitarios figurados no proxecto, é dicir, a prezos de execución material.

4. Que xunta a documentación esixida no prego de condicións.

En ..... o ..... de ..... de 19.....

O licitador

Asinado e rubricado

Modelo de sobre.

Proposición para tomar parte na contratación das obras de ..... presentada por .....

En ..... o ..... de ..... de 19.....

O licitador

Asinado e rubricado