Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Mércores, 19 de maio de 1999 Páx. 6.004

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de abril de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/99-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966,

sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra del Jallas, S.A.

Domicilio social: praza da Constitución, 17, 15000 Cee.

Denominación: L.M.T., C.T. de 100 kVA e R.B.T. de Lucín.

Situación: Dumbría.

Descricións técnicas: ramal L.M.T.A. a 20 kV de 39 m en conductor LA-56, que parte da L.M.T. Baíñas-Lucín derivación á Fervenza e final no C.T. Lucín de 100 kVA; R.B.T. de 1.055 m en conductor R.Z. Dumbría.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 19 de abril de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña