Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Martes, 18 de maio de 1999 Páx. 5.909

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

ORDE do 3 de maio de 1999 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria pola Orde do 1 de marzo de 1999 (Diario Oficial de Galicia nº 50, do 12 de marzo), en uso das facultades e atribucións conferidas pola Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, no seu artigo 15º 4 e de conformidade co disposto no artigo 27.2º da referida lei, e na disposición sexta da dita orde, e demais normativa vixente, esta consellería acorda:

Primeiro.-Resolve-la citada convocatoria conforme se describe no anexo desta orde, adxudicándolle destino, no postos de traballo que se indica, ó funcionario que se cita.

Segundo.-O cesamento no actual destino do funcionario que obteña praza producirase no prazo de tres días contados a partir do seguinte ó da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. A toma de posesión da praza adxudicada deberase realizar no prazo dos tres días seguintes ó do cesamento, se se trata da mesma localidade na que actualmente presta os seus servicios o funcionario, ou no prazo dun mes, tratándose de distinta localidade, conforme o establecido no artigo 14 do Real decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Terceiro.-A xefatura de persoal do centro no que cause baixa o funcionario, así como o daquel no

que obteña praza, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as dilixencias de cesamento e de toma de posesión, respectivamente, e efectuaranse acto seguido os trámites necesarios para a entrada en nómina, conforme dispón a orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública, do 28 de novembro de 1983.

Trasladaranse as dilixencias efectuadas, mediante copia á Dirección Xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Cuarto.-Contra esta orde, os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo no prazo de dous meses, a partir do día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 1999.

Cástor Gago Álvarez

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Política

Agroalimentaria

ANEXO I

NRP: 3496231535 A1146.

Grupo: C/D.

Apelidos e nome: Castro López, Begoña.

Posto de traballo: secretaria do secretario xeral.

Nivel: 18.

Localidade: Santiago de Compostela.

Dependencia: SS.CC.