Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Venres, 14 de maio de 1999 Páx. 5.873

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEAREAS

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión levada a cabo o día 3 de maio de 1999, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle presentado por Carlos Rial Rodríguez, en representación de Dismareate, segundo proxecto redactado polo arquitecto Guillermo Peña Álvarez, consistente na ordenación de volumenes e no reaxuste de aliñacións na Avda. Fernández de la Mora, con prolongación da rúa Alcalde Ramiro Sabell.

Exponse ó público o expediente polo prazo dun mes, para os efectos de posibles reclamacións.

Ponteareas, 5 de maio de 1999.

José Castro Álvarez

Alcalde