Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Venres, 14 de maio de 1999 Páx. 5.868

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 1999 pola que se anuncia concurso público para a contratación dunha asistencia técnica de apoio ó desenvolvemento do programa de bolsas do Instituto Galego de Promoción Económica.

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase concurso público para a contratación dunha asistencia técnica de apoio ó desenvolvemento do programa de bolsas do Igape.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), r/ Frei Rosendo Salvado 16-baixo, 15701 Santiago de Compostela, teléfono 981 54 11 01, fax 981 59 04 67.

b) Número de expediente: CP nº 12/99.

2. a) Obxecto do contrato: contratación dunha asistencia técnica de apoio ó desenvolvemento do programa de bolsas, coa seguinte desagregación en lotes:

Lote 1: atención telefónica ós potenciais beneficiarios durante o período de presentación de solicitudes.

Lote 2: revisión, baremación, toma de datos informática, listados e entrega de documentación ó Igape pertencente ás solicitudes de titulados universitarios.

b) Prazo de execución: estímanse setenta e cinco días para o lote 1 e tres meses para o lote 2.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento máximo de licitación: catro millónssetecentas cincuenta mil pesetas incluído o Imposto sobre o Valor Engadido (IVE). O dito orzamento máximo distribúese como se sinala a seguir:

Lote nº 1:

Importe unitario: 1.100.000 ptas.

Total (anualidade 99): 1.100.000 ptas.

Lote nº 2:

Importe unitario: 3.650.000 ptas.

Total (anualidade 99): 3.650.000 ptas.

Total: 4.750.000 ptas.

5. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento máximo de licitación do lote ou lotes ós que licite.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Domicilio: r/ Frei Rosendo Salvado, 16 baixo.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15701 (A Coruña).

d) Teléfono: 981 54 11 01.

e) Telefax: 981 59 04 67.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Presentación das ofertas ou solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión finalizará ás catorce horas do décimo terceiro día hábil seguinte ó da publicación do anuncio de concurso no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado, o prazo entenderase prorrogado ata as catorce horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e selado e dentro do prazo sinalado, presentaranse no rexistro xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, ou por correo, anunciando ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telegrama e xustificando a data da imposición do envío na oficina de correos.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 45 días desde a apertura das ofertas.

8. Apertura das ofertas: en acto público ás 10 horas do oitavo día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas, no Instituto Galego de Promoción Económica, sito en r/ Frei Rosendo Salvado, 16, Santiago de Compostela.

9. Gastos de anuncios: os gastos dos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 5 de maio de 1999.

Diego Diz Fernández

Director xeral do Instituto Galego de Promoción

Económica