Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Venres, 14 de maio de 1999 Páx. 5.865

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 1999 pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso con procedemento aberto e polo trámite de urxencia, da consultoría e asistencia consistente na organización e realización de diversas catas.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Industrias e Alimentación.

2. Obxecto do contrato.

a) Descripción do obxecto: organización e realización de diversas catas, de acordo cos pregos que rexen esta contratación.

b) División por lotes e número: non.

c) Lugar de execución: o que se especifica no prego de prescricións técnicas.

d) Lugar de entrega: o que se especifica no prego de prescricións técnicas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: dezasete millóns catrocentas oitenta e nove mil oitocentas pesetas (17.489.800 ptas.), (105.115,815 euros).

5. Garantías.

Provisional: trescentas corenta e nove mil setecentas noventa e seis pesetas (349.796 ptas.), (2.102,316 euros).

Definitiva: seiscentas noventa e nove mil cincocentas noventa e dúas pesetas (699.592 ptas.), (4.204,633 euros).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Dirección Xeral de Industrias e Alimentación, (Subdirección Xeral de Comercialización Agroalimentaria-Servicio de Promoción Agroali

mentaria) da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15771.

d) Teléfono: 981 54 57 25.

e) Telefax: 981 54 57 35.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, tódolos días laborais, excepto sábados, desde as 9 ás 14 horas.

Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación a través de Internet na dirección: http://www.xunta.es/conselle/ag/index.htm.

7. Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: non é necesaria.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás catorce horas do día 31 de maio de 1999.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria (edificios administrativos San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, 15771) ou en calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

9. Apertura das ofertas:

a) Entidade: sala de xuntas da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela, 15771.

d) Data: 3 de xuño de 1999.

e) Hora: 13 horas.

10. Gastos de anuncios: o importe do anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 6 de maio de 1999.

P.D. (Orde 15-12-1997, DOG nº 243, 17-12-1997)

Ángel Bernardo Tahoces

Secretario xeral da Consellería de Agricultura,

Gandería e Política Agroalimentaria