Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T. e C.T. rúa Abilleiras.
Situación: Pontevedra.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea, a 20 kV, de 410 m de lonxtiude, con conductor tipo R.H.V., desde o C.T. Elías Prado rematando no C.T. que se proxecta na rúa Abilleiras, concello de Pontevedra. C.T. de 400 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos con
dicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Pontevedra, 16 de marzo de 1999.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra