Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Avda. de García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. San Roque.
Situación: Pontevedra.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea, a 20 kV, de 160 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a liña M.U.R. 813 entre os CC.TT. Avda. de Marín e Almirante Matos alimentando en bucle ó C.T. que se proxecta en San Roque (na Praza do Gremio de Mareantes), rematando na mesma liña, no cruzamento das rúas San Roque e Ribeira dos Peiraos, concello de Pontevedra. C.T. de 630 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T. subterránea, de 220 m de lonxitude, con conductor tipo R.V.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Pontevedra, 16 de marzo de 1999.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra