Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Venres, 14 de maio de 1999 Páx. 5.861

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 17 de marzo de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa, a declaración de utilidade pública, en concreto, e a necesidade de urxente ocupación da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/93-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, e nos artigos 10 e 16 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a petición de autorización, declaración de utilidade pública e a urxente ocupación da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. San Román-Priegue.

Situación: Nigrán.

Características técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 233 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde o apoio 2 da L.M.T. ó C.T. Mámoa ata o C.T. que se proxecta en San

Román-Priegue, concello de Nigrán. C.T. de 100 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., aérea, de 265 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, por duplicado, no prazo de trinta días a partir da última publicación ou notificación individual.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar por escrito os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formula-las alegacións procedentes por razón do disposto nos artigos 25 e 26 do Regulamento da Lei 10/1966, de expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas.

Pontevedra, 17 de abril de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 99/93 A.T. Provincia: Pontevedra.

L.M.T.-C.T.-R.B.T. San Román-Priegue.Termo municipal: Nigrán.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

1PampillónMonte altoVicente Lago GilRúa da Pirica-Camos, 1

36360 Nigrán

1225400

2PampillónMonte altoPedro Telmo Rodríguez GonzálezOtero Pedrayo, 35

36350 Nigrán

47752

3PampillónMonte altoHros. Jaime González PenasTelleiras-Priegue, s/n

36391 Nigrán

2147685

4CastilleiroLabradíoCarmen Hermida HermidaMámoa-Priegue, s/n

36391 Nigrán

21150

6CastiñeiroMonte altoDorindo Sanromán CastroMámoa-Priegue, 8

36391 Nigrán

24364

8Pasto GrandePradoManuela González PenasCameselle-A Ramallosa, s/n

36391 Nigrán

3253318

1ABaleazasMonte baixoCarmen Soto HemidaAvda. Val Miñor, 20

36350 Nigrán

330