Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Venres, 14 de maio de 1999 Páx. 5.859

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 1999, da comisión de selección para a elaboración do catálogo de expertos da Xunta de Galicia en materia de formación profesional ocupacional, pola que se convocan os aspirantes admitidos no proceso selectivo para a realización das probas teóricas profesionais nos días 22 e 23 de maio.

Aprobadas, por resolución do director xeral de Formación e Colocación, do 29 de marzo, as listas definitivas de admitidos e excluídos no proceso selectivo para a elaboración do Catálogo de Expertos da Xunta de Galicia en materia de formación profesional ocupacional, regulado na orde da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude do 30 de outubro de 1998, publicada no Diario Oficial de Galicia número 228 do 24 de novembro de 1998.

En cumprimento das fases da elaboración previstas na base terceira da citada Orde do 30 de outubro de 1998,

ACÓRDASE:

Convoca-los aspirantes admitidos no proceso selectivo para a elaboración do Catálogo de Expertos da Xunta de Galicia en materia de formación profesional ocupacional para a realización da proba teórica profesional correspondente á/s especialidade/s solicitada/s.

Estas probas consistirán na realización, nun tempo máximo de dúas horas, dun exame tipo test.

As probas realizaranse os días 22 e 23 de maio de 1999 nos locais da Escola Galega de Administración Pública, sita no polígono das Fontiñas, rúa de Madrid, números 2-4, de Santiago de Compostela.

As instruccións xerais e o calendario das probas estarán expostos nas delegacións provinciais da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, así como na Consellería da Presidencia e Administración Pública e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia, así como na Escoal Galega de Administración Pública.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 1999.

Juan Manuel Cotanda Bueno

Presidente da Comisión de Selección