Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Xoves, 13 de maio de 1999 Páx. 5.826

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SADA

ANUNCIO.

En cumprimento do acordo adoptado pola Comisión de Goberno, do 3-5-1999, anúnciase a da contratación, con tramitación urxente, das obras de reconstrucción da igrexa de Santa María de Sada, 2ª fase, por procedemento aberto e concurso.

De conformidade co disposto no 79 da LCAP anúnciase concurso, por procedemento aberto, para adxudica-las obras anteriormente sinaladas, conforme o seguinte contido:

1. Obxecto do contrato: é obxecto do contrato a execución das obras de reconstrucción da igrexa de Santa María de Sada, 2ª fase.

2. Duración do contrato: 3 meses.

3. Tipo de licitación: 15.000.000 de ptas.

4. Pagamento: o pagamento do prezo de adxudicación farase efectivo con cargo á partida 432.60.61109 do orzamento do exercicio de 1999.

5. Publicidade dos pregos: estarán de manifesto tódolos días hábiles nas oficinas municipais, departamento de Contratación.

6. Garantía provisional: non se esixe.

7. Exposición do prego de cláusulas administrativas particulares: durante os oito primeiros días hábiles seguintes ó da publicación deste anuncio, suspendéndose a licitación en caso de impugnación.

8. Garantía definitiva: o 4% do orzamento.

9. Presentación de proposicións: durante os trece días naturais seguintes ó da publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia.

10. Apertura de proposicións: terá lugar ás 13 horas do terceiro día hábil seguinte ó da conclusión do prazo para a presentación de proposicións.

11. Modelo de proposición: o recollido no prego de cláusulas administrativas.

Sada, 5 de maio de 1999.

Ramón Rodríguez Ares

Alcalde