Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Xoves, 13 de maio de 1999 Páx. 5.822

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 20 de abril de 1999 pola que se anuncia concurso para a concesión do servicio de conservación de papeleiras e contedores para a recollida de lixo (referencia C99/3).

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Sección de Contratación.

b) Número de expediente: C99/3.

2. Obxecto do contrato: concesión do servicio de conservación de papeleiras e contedores para a recollida de lixo.

Prazo de concesión: ata o 16 de xaneiro do ano 2017.

3. Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento/canon da concesión: máximo de 133.542.385 pesetas anuais (IVE incluído).

5. Garantía provisional: 2.670.856 pesetas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: véxase punto 1. b) Domicilio: Pza. de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: 981 18 42 19. e) Fax: 981 18 42 71. f) E-mail: cristinart*aytolacoruña.es g) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Clasificación: non esixible.

8. Presentación de proposicións:

a) Prazo: un mes contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, finalizando ás 13 horas. No caso de resultar sábado ou festivo o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

9. Apertura de proposicións económicas e documentación técnica:

a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de licitación. c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o seu contido («Proposición económica y técnica» e «Documentación xeral») e o seguinte lema: «Proposición que presenta ... (nome ou denominación social do licitador) para optar ó concurso para a concesión do servicio de conservación de papeleiras e contedores para a recollida de lixo do Concello da Coruña (Ref. C99/3)».

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 20 de abril de 1999.

O alcalde

P.D.

Rubricado