Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Mércores, 12 de maio de 1999 Páx. 5.761

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE ESTATÍSTICA

RESOLUCIÓN do 20 de abril de 1999 pola que se fai pública a adxudicación definitiva dun contrato de consultoría e asistencia para a realización do traballo de campo e gravación da enquisa sobre condicións de vida das familias.

De acordo co previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, faise pública a adxudicación definitiva dun contrato de consultoría e asistencia:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Instituto Galego de Estatística.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica-Administrativa.

c) Nº de expediente: 640.1/71/01.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: consultoría e asistencia.

b) Descrición do obxecto: realización do traballo de campo e gravación da enquisa sobre condicións de vida das familias.

c) DOG e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 26, do 9 de febreiro de 1999 e DOG nº 37, do 23 de febreiro de 1999 de modificación das bases.

3. Tramitación, forma e procedemento de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento de licitación: 26.500.000 pesetas, 159.628,81 euros.

5. Adxudicación:

a) Data: 25 de marzo de 1999.

b) Empresa adxudicataria: UTE, Obradoiro de Socioloxía, S.L. e ODEC, Centro de Cálculo y Aplicaciones Informáticas, S.A.

c) Importe: 25.763.200 pesetas, 154.839,95 eruos.

Santiago de Compostela, 20 de abril de 1999.

José A. Campo Andión

Director do Instituto Galego de Estatística