Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Mércores, 12 de maio de 1999 Páx. 5.757

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 1999 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto por concurso e trámite urxente, da contratación das seguintes subministracións: amoblamento das axencias de lectura municipais de Queiruga-Porto do Son, Berdeogas-Dumbría, Santa Cruz de Ribadulla-Vedra (A Coruña) e Vilariño de Conso-Ourense; edición de 1.500 exemplares de cada un dos volumes VI e VII das Actas das Xuntas do Reino de Galicia.

A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anuncia-la licitación, mediante procedemento aberto por concurso e trámite de urxencia, dos seguintes contratos de subministración:

1. Amoblamento das axencias de lectura municipais de Queiruga-Porto do Son, Berdeogas-Dumbría-Santa Cruz de Ribadulla-Vedra (A Coruña) e Vilariño de Conso (Ourense).

-Orzamento de licitación: catro millóns cento trinta e catro mil cincocentas cincuenta pesetas (4.134.550 ptas.), IVE incluido.

-Prazo de execución: (1) mes.

-Garantía provisional: dispensada.

-Clasificación do contratista: non se esixe.

2. Edición de 1.500 exemplares de cada un dos volumes VI e VII das Actas das Xuntas do Reino de Galicia.

-Orzamento de licitación: quince millóns cincocentas mil pesetas (15.500.000 ptas.) IVE incluído.

-Prazo de execución: tres (3) meses.

-Garantía provisional: dispensada.

-Clasificación do contratista: non se esixe.

Exposición da documentación: os pregos de cláusulas administrativas e os pregos de prescricións técnicas estarán de manifesto no Servicio de Obras e Contratación da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, e nas delegacións provinciais durante o prazo de presentación de proposicións, das 10 ás 14 horas, e no teléfono 981 58 89 38.

Prazo de presentación de proposicións: será ata as 14 horas do décimo terceiro día natural, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral da consellería, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente. Se as proposicións se cursan por correo, haberá que aterse ó previsto na cláusula 7.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Documentación que presentarán os licitadores: a establecida pola cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación ás 11 horas do quinto día natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de proposicións na sala de xuntas da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Se coincidise en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte á mesma hora.

O importe do anuncio deste concurso será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 5 de maio de 1999.

P.D. (Orde 5-12-1997)

Andres González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo