Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Mércores, 12 de maio de 1999 Páx. 5.756

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 3 de maio de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, sobre urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola explotación da concesión de lousa da sección C Os Vales-Silleira número 4285, da provincia de Ourense, situada no termo municipal de Carballeda de Valdeorras.

O Decreto 70/1999, do 18 de marzo, da Xunta de Galicia, declarou a urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para a continuación da explotación indicada, para efectos de expropiación forzosa. Consecuentemente faise saber que, segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, unha vez transcorridos oito días desde a noti

ficación a que se refire a devandita norma legal, o representante da Administración procederá a levantar sobre o terreo as actas previas á ocupación.

A relación concreta e individualizada dos bens exporase no taboleiro de anuncios do concello correspondente, e que xa foi publicada no DOG nº 62, do día 31 de marzo de 1999.

Ós interesados notificaráselles mediante cédula que o día 20 de maio de 1999, ás 11 horas, se levantará acta previa á ocupación dos bens, coa mención doutros apercibimentos legais que procedan.

Ourense, 3 de maio de 1999.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense