Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Mércores, 12 de maio de 1999 Páx. 5.755

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de abril de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/9-2, 5084 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: c/ Cidade de Viveiro, nº 4, 27002 Lugo.

Denominación: Reelectrificación de Atián e Belsar (Ourol).

Situación: Ourol.

Descricións técnicas: L.M.T. o C.T. de Atián de 228 metros a 20 kV sobre apoios de formigón ou metálicos en conductor LA-56. L.M.T. o C.T. de Belsar de 338 m a 20 kV sobre apoios metálicos en conductor LA-56. C.T.I. de Atián de 50 kVA de potencia e relación 20.000/380-220V. C.T.I. de Belsar de 100 kVA de potencia e relación 20.000/380-220V. R.B.T. de Atián de 850 metros a 380/220V sobre apoios de formigón e grampada en conductor R.Z. R.B.T. de Belsar de 1.650 metros a 380/220V sobre apoios de formigón e grampada en conductor R.Z.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 5 de abril de 1999.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo