Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: BEGASA.
Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, nº 4, 27002 Lugo.
Denominación: Reelectrificación de Novo Folgueiro (O Vicedo).
Situación: O Vicedo.
Descricións técnicas: L.M.T.subterránea o C.T. do Novo Folgueiro de 25 metros a 20 kV baixo tubo de PVC en conductor D.H.V. C.T.I. de Novo Folgueiro de 160kV de potencia e relación 20.000/380-220V. R.B.T. aérea de Folgueiro de 1.600 metros a 380/220V sobre apoios de formigón e grampada en conductor R.Z.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Lugo, 5 de abril de 1999.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo