Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Martes, 11 de maio de 1999 Páx. 5.681

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE QUIROGA

ANUNCIO.

O Pleno do Concello, na sesión que tivo lugar o 29 de abril de 1999, aprobou inicialmente o expediente de modificación dotacional A1 das normas subsidiarias de planeamento.

En cumprimento do disposto no artigo 42 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, sométese a información pública polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación do edicto no Diario Oficial de Galicia, durante o que se poderán formula-las alegacións que se consideren pertinentes, atopándose o expediente de manifesto nas oficinas municipais.

Quiroga, 30 de abril de 1999.

Rubricado